Manuel Gutiérrez Aragón presenta en Ourense ‘Vida y maravillas’

OurenseXa
O director foi galardoado na pasada edición do Ourense Film Festival co Premio Especial OUFF
Manuel Gutiérrez Aragón presenta en Ourense 'Vida e maravilla'
Manuel Gutiérrez Aragón presenta en Ourense 'Vida y maravillas'
2 Oct 2024

O director Manuel Gutiérrez Aragón chegou a Ourense este martes para presentar, por primeira vez en Galicia, a as súas memorias ‘Vida y maravillas’. O director, que foi galardoado na pasada edición do Ourense Film Festival co Premio Especial OUFF, ten unha relación moi estreita coa cidade. Na presentación, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, destacou o feito de “ter a personalidades como Gutiérrez Aragón aquí é o que fai grande este festival”.

Pola súa banda, o director do festival, Miguel Anxo Fernández, agradeceu a implicación de Gutiérrez Aragón co evento e cualificouno como unha figura crave para entender os anos da transición en España.

Desde a infancia do director, marcada pola enfermidade, o seu activismo como militante comunista, ata a súa traxectoria cinematográfica, ‘Vida y maravillas’ ofrece un retrato profundo e único.

0.167475938797