Manuel Pardo pon en valor a labor da Asociación de Autismo de Ourense

OurenseXa
Manuel Pardo analizou xunto aos responsables de Autismo Ourense o estado actual e os proxectos de futuro da asociación
manuel-pardo-autimo-ourense
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, xunto ao presidente fundador da Asociación de Autismo de Ourense, Virgilio Montes,
20 May 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladou ao presidente fundador da Asociación de Autismo de Ourense, Virgilio Montes, e á coordinadora de servicios, Lucía Maceiras, a total colaboración do Goberno galego no traballo pola maior independencia, benestar e calidade de vida das persoas con autismo (Trastorno do Espectro Autista).

O representante do Goberno galego, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que a entidade está a levar a cabo en Ourense.

Manuel Pardo analizou xunto aos responsables de Autismo Ourense o estado actual e os proxectos de futuro desta asociación de nais, pais e titores, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda familia.

O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando polo desenvolvemento individual das persoas con autismo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14668798446655