Manuel Pérez asume a presidencia do Partido Popular en Paderne de Allariz

OurenseXa
O tamén alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez Nóvoa, comprometeuse a impulsar unha renovación interna con maior implicación da militancia durante o congreso local celebrado este domingo
congreso-local-pp-paderne-de-allariz
24 Nov 2025

Pérez foi elixido presidente do PP local e reivindicou un partido “unido, forte e presente na vida local”, ao tempo que fixo un chamamento a traballar “polo ben común de Paderne”. Ademais, agradeceu a confianza depositada por José Manuel Fernández, a quen substituíu na alcaldía pouco antes das eleccións municipais de 2023, definíndoo como “a persoa que me fixo estar en política e chegar onde estou”.

O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis Menor, que destacou ao PP de Paderne de Allariz como un exemplo de “relevo ordenado e de confianza que temos no partido”, tanto na alcaldía como na agrupación local. Menor sinalou que esta transición é froito dunha “canteira” de persoas dispostas a dar un paso adiante na política local “e facelo con vocación de servizo”.

O presidente provincial valorou especialmente a aposta de Manuel Pérez por fortalecer a participación da militancia e consolidar un “partido sólido e unido” nun concello cun goberno estable, para o que considerou fundamental “seguir mantendo a confianza dos veciños”.

⚙ Configurar cookies
0.077248096466064