Manuel Rei Romeu presentou na Casa dos Poetas a súa obra ‘Castelao, desta terra e deste tempo’

OurenseXa
A obra presentada ofrece unha visión completa do pensador e artista galego Castelao, destacando a conexión entre a súa faceta artística e política
presentacion-castelao-desta-terra-deste-tempo-celanova
24 Oct 2025

A Casa dos Poetas de Celanova acolleu este xoves, 23 de outubro de 2025, ás 19.30 horas, a presentación do libro de Manuel Rei Romeu Castelao, desta terra e deste tempo. No acto, o autor estivo acompañado do tamén escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte.

A obra ofrece unha visión completa do pensador e artista galego Castelao, destacando a conexión entre a súa faceta artística e política. O libro reivindica o Castelao “auténtico fronte ás simplificacións que moitas veces se fan da súa figura”, mostrando o seu compromiso co pobo galego e a actualidade do seu pensamento.

A actividade foi organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e Tempo en Galiza Editoria, coa colaboración da Fundación Curros Eríquez, o Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.20857286453247