María do Ceo actuará na Festa dos Maios de Ourense

OurenseXa
O Concello vén de publicar a programación da Festa dos Maios 2024, que terá lugar este domingo 5 de maio
maios_ourense
30 Abr 2024

Ourens festexa este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de Artes e Festexos que se estenderán durante toda a xornada no centro da cidade. Os maios exporanse ao público na rúa do Paseo, onde tamén se cantarán as coplas. As principais novidades da programación deste ano son a confección dunha alfombra floral, un obradoiro de coroas e colares para nenas e nenos, e un concerto de fados, a cargo de María do Ceo, que terá lugar ás 20.00 horas, na Praza Maior.

Programación completa

Alfombra Floral. Dende as 08.30 horas, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccioará unha alfombra floral na praza de Euxenio Montes

Obradoiro de coroas. Dende as 10.30 horas haberá un obradoiro en vivo de coroas e colares para a cativada na rúa do Paseo.

Exposición de Maios. Dende as 11.00 horas expoñeranse os maios participantes nos primeiros tramos da rúa do Paseo.

Ruada musical. Dende as 11.00 horas haberá unha ruada dos xigantes e cabezudos do Concello acompañados de gaiteiros tradicionais.

Canto das coplas. Ás 12.00 horas dará comezo o canto das coplas ao pé dos maios participantes no concurso

Premios. Ás 19.00 horas entregaranse  os premios aos maios e cantaranse as coplas gañadoras na Praza Maior

Concerto. Ás 20.00 horas haberá un concerto de Fados con María do Ceo na Praza Maior

Un ano máis, o Concello premiará a través dun concurso as mellores coplas e maios que participen nesta edición desta tradicional festa, declarada de interese turístico, que lle dá a benvida á primavera. Outorgaranse premios aos 3 mellores maios artísticos, enxebres e infantís e un premio ao mellor maio creativo (categoría que se recupera este ano). Tamén haberá galardóns ás 3 mellores coplas nas categorías de persoas adultas e infantil. Todos os maios presentados recibirán tamén unha axuda por participar.

0.23156309127808