Máxima histórica en Ourense nun mes de xuño tras superarse este domingo os 42 grados
OurenseXa
As temperaturas manteranse en niveis elevados durante este luns e martes

30 Jun 2025
Ourense volveu a bater este domingo un récord de temperatura tras alcanzarse este domingo, 29 de xuño, os 42,9 grados. Así, a xornada de onte converteuse na máis quente rexistrada nun mes de xuño.
O calor fíxose notar especialmente a primeira hora da tarde na cidade, polo que a Xunta activou a alerta vermella por calor. Unha situación que non remitirá ata a xornada do mércores, cando está previsto que as temperaturas baixen xa dos 30 grados, pero mantense o calor este luns e martes.