Medio cento de escolares de Barbadás participaron na celebración do Xoves de Compadres

OurenseXa
Alumnos de 3º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron nas clásicas regueifas que continuarán o Xoves de Comadres cos nenos e nenas de 4º curso de ambos centros
xoves-de-compadres-barbadas
6 Feb 2026

Medio cento de alumnos e alumnas de 3º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron nas clásicas regueifas de Compadres organizadas polo Concello de Barbadás, a través da Concellería de Educación.

“É unha cita tradicional do Entroido que queremos que os máis pequenos coñezan”, explicou José Manuel Morgade, concelleiro de Educación do Concello. Nesa mesma liña, a administración local organizou a pasada semana obradoiros para a elaboración das comadres e compadres, que se levaron a cabo en ambos centros educativos.

Pola meteoroloxía adversa, a actividade prevista na Praza Vella da Valenzá trasladouse ao patio dos colexios. As regueifas estiveron guiadas por Sabela Gago e Flor Figueroa, durante as cales os nenos perseguián as nenas para romperlles os compadres, mentres que as nenas corrían tras eles para destrozar as súas comadres.

A tradición continuará o próximo xoves 12 de febreiro, Día de Comadres, cando será o turno dos alumnos e alumnas de 4º de Primaria de ambos colexios para participar nesta actividade.

⚙ Configurar cookies
0.081453084945679