Medio Rural inviste máis de medio millón de euros na mellora paisaxística de Riós

OurenseXa
En concreto, realizáronse actuacións na fonte bebedoiro en Mañoás, nunha fonte tanque e nun pozo en Rubiós, nun estanque en Pena do Souto e nunha mina na Trepa
rios_fonte
Fonte Rubiós
26 Feb 2024

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destinou un total de 50.823,53 euros á recuperación e mellora paisaxística de diferentes fontes no concello ourensán de Riós. En concreto, as actuacións abrangueron a fonte bebedoiro de Mañoás, unha fonte tanque e un pozo en Rubiós, un estanque en Pena do Souto e unha mina na Trepa.

O principal obxectivo destas obras foi o de realizar pequenas actuacións nestas fontes e pozos, cara á recuperación da súa principal función, así como para promover a mellora paisaxística da súa contorna, dotándoas de espazos verdes coidados que poidan ser aproveitados por veciños e visitantes.

Coa execución destes traballos puxéronse en valor estes elementos etnográficos e o papel que desempeñan nas poboacións onde están situados, ademais de destacar a súa relevancia social como punto de encontro, salientando, ao mesmo tempo, o seu valor dende o punto de vista da paisaxe.

Con este tipo de iniciativas búscase mellorar a calidade e condición de vida da poboación,  potenciando e estimulando o arraigo desta sobre o territorio que habita e contribuíndo ademais á cohesión da vida social no medio rural.

Trátase, ademais, de procurar a mellora das infraestruturas existentes no territorio, para fortalecer o desenvolvemento do rural galego, mellorar a relación social dos veciños e frear o despoboamento.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19174385070801