Medio Rural ofrecerá talleres de poda e control de pragas nos concellos ourensáns

OurenseXa
Os cursos están dirixidos á poboación xeral e terán lugar nos Centros de Desenvolvemento Agroforestal do Inorde en Beade, Quintela de Leirado, Barbadás e A Rúa.
Participantes nun dos cursos de poda da Xunta de Galicia
12 Ago 2024

A Consellería do Medio Rural promove a formación no ámbito agroforestal a través de talleres prácticos de poda, control de enfermidades, pragas e cálculo de necesidades hídricas das árbores. Están dirixidos á poboación xeral, principalmente persoas titulares de masas de frondosas, e terán lugar nos Centros de Desenvolvemento Agroforestal do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) en Beade, o día 14; en Quintela de Leirado, o día 22; en Barbadás, o 23; e o 27 deste mes, na Rúa.

A Consellería do Medio Rural segue promovendo a formación no ámbito agroforestal a través de talleres prácticos de poda, control de enfermidades, pragas e cálculo de necesidades hídricas das árbores. Están dirixidos á poboación xeral, principalmente persoas titulares de masas de frondosas, e terán lugar nos Centros de Desenvolvemento Agroforestal do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) en Beade, o día 14; en Quintela de Leirado, o día 22; en Barbadás, o 23; e o 27 deste mes, na Rúa.

As xornadas levaranse a cabo de 10h a 14h, en horario de mañá, para un máximo de 13 participantes. Os interesados en participar poderán inscribirse en cada un destes obradoiros no Inorde.

Un dos obxectivos principais deste curso é fomentar o coñecemento da cidadanía das necesidades das masas de frondosas autóctonas como o castiñeiro e achegar a información necesaria para manter o compromiso da poboación na súa xestión. Así, o taller terá unha primeira parte teórica, baseada nunha explicación dos parámetros a ter en conta nunha plantación, como a cantidade de auga demandada ou as diversas enfermidades que se poden chegar a producir nos castiñeiros. Por outro lado, tamén contará cunha demostración de poda dunha árbore nova desta especie.

Nesta liña, a Consellería do Medio Rural reitera o seu apoio á vixilancia e loita contra as doenzas do castiñeiro e de masas de frondosas autóctonas de especial interese, que se complementa coa localización de cepas da enfermidade do cancro desta árbore, a coordinación con cooperativas e asociacións, o monitoreo de avaliación e seguimento das masas de castiñeiros e a recepción de avisos de pragas e doenzas das frondosas.

Esta acción formativa enmárcase dentro do Convenio entre a Xunta e o Inorde, no establecemento dun programa específico de identificación, restauración e promoción de xestión forestal activa e sustentable para o período 2023-2024.

Xestión activa das frondosas

Iniciativas coma esta contribúen á xestión activa das frondosas, un labor que a Xunta de Galicia promove a través das axudas á mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas, que se convocaron este ano por primeira vez cun orzamento de preto de 2 millóns de euros, e mediante a Estratexia das frondosas aprobada recentemente.

0.19368481636047