Menor chama á cooperación para combater a despoboación na provincia de Ourense

OurenseXa
O presidente da Deputación participou este martes na Xornada “Concierto Rural”, na que reivindicou a importancia de que municipios, institucións, asociacións, empresas e a sociedade en xeral traballen unidas para afrontar a despoboación
Imaxe das Xornadas sobre Acordo Rural
28 Oct 2025

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu este martes a Xornada “Concierto Rural”, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Carballeda de Avia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

Durante a inauguración, o presidente da Deputación, Luis Menor, subliñou que "a loita contra a despoboación é unha tarefa colectiva", e recalcaou a importancia de que municipios, institucións, asociacións, empresas e a sociedade en xeral traballen unidas para afrontar este desafío.

“Xuntos podemos facer que vivir no campo non sexa unha renuncia, senón unha elección libre e digna”, sinalou Menor, engadindo que “Ourense ten futuro se cremos nel”. Ademais, o presidente provincial reiterou o compromiso da Deputación fronte á despoboación, garantindo que desde a institución provincial “seguiremos poñendo todos os medios ao servizo dese obxectivo común: manter viva a nosa terra, crear oportunidades e garantir a sucesión das xeracións futuras”.

A xornada contou coa presenza de numerosos representantes institucionais, entre eles o alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, quen agradeceu “o apoio do presidente da Deputación para desenvolver esta iniciativa”; o secretario de Estado para o Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e o presidente de FEGAMP, Alberto Varela. Ademais, Enrique Javier Nieto, xefe adxunto da oficina de apoio ao Pacto Rural Europeo, interveu mediante videoconferencia.

A cita serviu como espazo de encontro e reflexión sobre estratexias para fomentar a vida no medio rural, impulsar oportunidades locais e frear a despoboación, reafirmando o compromiso de distintas institucións co desenvolvemento sostible do territorio.

⚙ Configurar cookies
0.078556060791016