Mobilízanse máis de 868.000 euros para cooperación cos concellos da provincia de Ourense

OurenseXa
A Xunta de Goberno provincial aprobou as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións, dotadas con 100.000 euros, a concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes
Xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
7 Apr 2025

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria desta semana, un total de 21 asuntos polos que mobiliza 867.907,38 euros en cooperar fundamentalmente con concellos da provincia (712.417,72 euros) para acometer obras e servizos e para colaborar con entidades como o Consello Regulador IXP Pataca de Galicia, a Asociación Centro de Animación Rural Santa María de Xares ou a Sociedade Recreativa Musical da Banda Popular de Lobios, ás que se destinan 45.489,66 euros.

Ademáis, na mesma sesión aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións, dotadas con 100.000 euros, a concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e a elaboración e colocación de placas de identificación.

A contía das subvencións obxecto desta convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento dos proxectos seleccionados, podendo acadar, como máximo, o 50% do custo total de cada proxecto. Sen prexuízo do anterior, ningún beneficiario poderá obter, ao abeiro desta convocatoria, subvención por importe superior a 10.000 euros.

O prazo improrrogable de presentación iniciarase o día 22 de abril de 2025, a partir das 08.00 horas, e rematará o 20 de maio de 2025 ás 23:59 horas, sendo este o derradeiro día e hora no que poderán presentarse validamente as solicitudes.

⚙ Configurar cookies
0.16417717933655