Mocedades actuará no Auditorio Municipal de Ourense

OurenseXa
Mocedades trae a Ourense a súa nova xira o vindeiro venres 5 de abril
Mocedades
Mocedades, xira
29 Mar 2024

Mocedades traerá á capital de As Burgas a súa nova xira "Avanzando cara o futuro". A cita terá lugar o vindeiro venres, 5 de abril, no Auditorio Municipal de Ourense ás 20.30 horas.

Os asistentes poderán disfrutar durante unha hora e media dun dos mellores grupos de voces da historia. Un concerto actual cheo de recordos e sentimentos en rigoroso directo musical e vocal.

Mocedades leva máis de 50 anos de carreira ininterrompida, virando por España, América e Latinoamérica, e foron os ganadores do concurso Eurovisión do ano 1973 co seu gran éxito "Eres tú", hegando aos primeiros lugares das listas de éxito en EEUU (segundo Billboard e Cash Box)
O Grupo conta con máis de 20 discos orixinais e innumerables recompilacións.

 

 

0.19095396995544