Música e danza tradicional cítanse este venres na Festa da Empanada de Allariz
A XXXIX edición das Xornadas de Folclore de Ourense iniciou o pasado 12 de agosto o seu percorrido polas vilas ourensás cunha cerimonia inaugural no Teatro Principal onde as seis agrupacións folclóricas, divididas en dous grupos como é habitual, despregaron ante un entregado público toda a maxia, a historia e a cultura dos países que representan e que recollen no seu folclore.
Ata o momento, as xornadas percorreron os concellos de O Barco de Valdeorras, Celanova, Verín, Maceda, Entrimo e Viana do Bolo. Hoxe tócalle o turno ao Concello de Allariz, que festexará o inicio da tradicional Festa da Empanada con este espectáculo de danza e música intercontinental. A Fundación Ballet Folclórico de Nobsa (Colombia), Yuan Yuan Dance Group (Taiwan) e Kud Srem (Serbia) daranse cita no Campo dá Barreira ás 22.30 horas.
As xornadas chegan tamén este venres ao concello da Rúa, onde daranse cita o Ballet Folk. Instituto Tecnológico de Celaya (México), a Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folclóricas (Panamá) e o Ballet Jammu (Senegal). A cita terá lugar no Parque do Aguillón ás 20.30 horas.
Este evento cultural está organizado pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.