Natalia González Beneitez, nova secretaria de Igualdade do PSdeG

GaliciaXa | OurenseXa
María Fernández Ojea ocupará a secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia
natalia-gonzalez
3 Mar 2026

A ata agora secretaria de Política Social, Maiores e Dependencia do PSdeG, Natalia González Beneitez, pasará a ocupar a partir de agora a secretaría de Igualdade do partido. O secretario xeral socialista, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou este luns á Comisión Executiva Nacional Galega, durante a súa sesión ordinaria de marzo, o nomeamento para o cargo, que permanecía vacante.

Pola súa banda, a concelleira ourensá María Fernández Ojea, secretaria de Función Pública e Xustiza desde a celebración do 15.º Congreso Nacional, farase cargo das responsabilidades que ostentaba González Beneitez.

Pola súa banda, Patricia Iglesias Rey foi proposta para a secretaría de Administración Pública, Autogoberno, Xustiza e Asesoría Xurídica, un nomeamento que deberá ser ratificado polo Comité Nacional Galego na súa próxima reunión.

Tal como recollen os estatutos do PSdeG para o caso de incorporación de novos membros ao órgano de dirección, o nomeamento de Iglesias deberá ser

0.13442397117615