Natalia González seguirá á fronte da agrupación local do PSdeG de Ourense

Natalia González Benéitez resultou reelixida para continuar co seu labor como secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ourense logo de tres anos á fronte do partido na cidade e nos que os piares fundamentais foron a unidade, a igualdade e escoitar o sentir dunha sociedade en continuo movemento. "En marzo de 2022 comezamos unha nova e ilusionante etapa cuxo gran reto era percorrer as rúas, encher as prazas e loitar contra o esquecemento e a apatía que espertan a desilusión e a desmemoria", afirmou durante a asemblea extraordinaria que tivo lugar esta mañá.
Normalizar e dinamizar o partido, logo de demasiado tempo de enfrontamentos e liortas, foi o eixo transversal que impulsou á comisión executiva municipal (CEM) do PSdeG na cidade dende o seu comezo. “Aínda a pesar do sufrimento electoral dos comicios vividos a nivel nacional, autonómico e municipal neste período de tempo, a desafección cidadá coa política e a proliferación do populismo e a ultradereita, transformamos o ruído e a división en traballo e cohesión”, destacou.
“Apostamos dende o primeiro momento por situar ás mulleres e a xente moza no epicentro da nosa acción e reivindicación política. O lugar que lles correspondía xogando un papel esencial e cun obxectivo definido: conformar o mellor equipo posible sen perder o contacto coa realidade e a sensibilidade social. Porque a sociedade conformámola todos e todas. E escoitar, empatizar e comprender está no ADN do socialismo. Non se entende un PSOE sen o feminismo, a equidade e a forza centrípeta que aporta a ilusión da xuventude”, subliñou ante a militancia.
Máis de 250 visitas e reunións con entidades e colectivos, máis de 100 actos e máis de 50 reunións da CEM foi o balance final destes tres anos. "Non hai reto máis bonito, e máis ilusionante, que ser secretaria xeral desta agrupación municipal e quero agradecer a todos e todas as que me acompañaron estes anos con xenerosidade e lealdade", destacou durante a súa intervención.
Pola súa banda, o secretario de organización da comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE, José Ramón Fernández Morgade, que continuará nesta nova etapa desenvolvendo o mesmo traballo imprescindible para o funcionamento do partido na cidade, agradeceu á secretaria xeral a súa implicación e traballo para que toda a actividade programada ao longo destes tres anos saíse adiante e enchese as rúas ofrecendo unha alternativa ao baleiro do goberno local en eidos como os dereitos LGBTI, a cultura e identidade galegas ou o feminismo.
Tamén o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ourense (XSO), Miguel Gómez, agradeceu á súa homónima no partido a implicación e o apoio á organización moza e valorou a aposta e o respaldo que sempre ofreceu á xente nova que tamén estará representada nesta nova etapa.
Así as cousas, resultaron elixidos e elixidas pola militancia para a comisión executiva municipal (CEM), co 97,2 % dos votos emitidos, os e as seguintes:
- Secretaría xeral: Natalia González Benéitez
- Vicesecretaría xeral: Xurxo Doval Blanco
- Secretaría de organización e administración: José Ramón Fernández Morgade
- Secretaría de igualdade: Margarita Martín Rodríguez
- Secretaría de acción electoral e portavocía: María Fernández Ojea
- Secretaría de política municipal: Erica Conde Vázquez
- Secretaría de mobilización e casa do pobo: Rosa Martínez Rodríguez
- Secretaría de política social: Bibiana Paz Pereira
- Secretaría de sanidade: Amelia Rodríguez Rodríguez
- Secretaría de economía e facenda: Antonio Paradela Blanco
- Secretaría de ordenación do territorio e vivenda: Alba Iglesias García
- Secretaría de termalismo e turismo: Federico Pérez Mato
- Secretaría de medio ambiente: Celso Nóvoa González
- Secretaría de transporte e mobilidade sostible: Bautista Rodríguez García
- Secretaría de participación cidadá: Rosa Rodríguez Tejera
- Secretaría de educación: Sira Yebra González
- Secretaría de cultura e lingua: Manuel Freire Cid
- Secretaría de formación: María Teresa Ansias Bacelar
- Secretaría de comunicación e redes: Edith Filgueira Rodríguez
- Secretaría LGTBI: Bryan Josué Álvarez Lacayo
- Secretaría de deporte: Borja López Trigás
- Secretaría de emprego e acción sindical: José Ángel Carreira Martín
- Secretaría de comercio e industria: Rubén Amorín Díaz
- Secretaría de memoria democrática: Francisco J. Quintas Ferreño
- Secretaría adxunta de política social e igualdade: Ainoa Rodríguez Álvarez
- Secretaría adxunta de medio ambiente, transporte e mobilidade: Juan A. Rey Pérez
- Secretaría adxunta de educación e formación: Antonio Blanco Rodríguez
- Secretaría adxunta de participación cidadá: José Luis Regal Lamelo
Como representantes da agrupación municipal para o comité nacional (CN), co 82,5 % dos votos emitidos:
- Alberto Fernández
- Olalla Meiriño López
- Xosé Lois Carrión González
- Rosa Martínez Rodríguez
- Federico Pérez Mato
- María Teresa Ánsias Bacelar
- Miguel Ángel Rodríguez Ojea
- Susana Bayo Besteiro
- José Manuel Rodríguez López