Nenos e nenas de Barbadás participaron no tradicional obradoiro de Mecos de Entroido

OurenseXa
Os participantes puideron coñecer o significado tradicional dos mecos e crear as súas propias pezas utilizando distintos materiais
obradoiro-mecos-entoido-barbadas
4 Feb 2026

O pasado domingo, o Museo da Gaita de Fole de Barbadás acolleu o xa tradicional obradoiro de elaboración de Mecos de Entroido, unha actividade que mestura creatividade e tradición e que cada ano conta cunha gran acollida entre os mozos do municipio.

Os participantes puideron coñecer o significado tradicional dos mecos e crear as súas propias pezas utilizando distintos materiais.

A actividade desenvolveuse nun ambiente participativo e familiar, e serviu para reafirmar o compromiso deste Museo coa transmisión da cultura tradicional galega ás novas xeracións.

⚙ Configurar cookies
0.08024001121521