Nico Fantini, profesor de Kárate infantil de Amoeiro, campión galego de kata veterano no Campionato Galego Absoluto e de Clubs

OurenseXa
Fantini conseguiu revalidar o título e manter a medalla de ouro por segundo ano consecutivo
imaxe-de-nico-fantini
Imaxe de Nico Fantini
24 Feb 2026

O profesor de karate infantil de Amoeiro, Nico Fantini, participou o pasado domingo 15 de febreiro de 2026 no Campionato Galego Absoluto e de Clubs de Karate, celebrado no Complexo Deportivo Lalín Arena, en Lalín (Pontevedra), acadando de novo o primeiro posto na súa categoría.

Nunha competición marcada pola esixencia e polo alto nivel técnico, Fantini competiu en varias roldas intensas dentro da categoría “Kata Vet1” (35-45 anos), na que conseguiu revalidar o título e manter a medalla de ouro por segundo ano consecutivo.

“Esta competición lémbrame que o camiño do karate é un proceso constante de aprendizaxe e evolución. Sempre hai aspectos que perfeccionar, detalles técnicos que puír e marxe para seguir crecendo tanto dentro como fóra do tatami. Seguimos traballando con constancia, disciplina e humildade”, sinalou o campión. Dende o Concello de Amoeiro felicitan ao deportista por este logro.

0.099725008010864