Ninodaguia celebrou a súa VI Fornada Tradicional cun gran éxito de participación

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A tradición oleira volveu ser a protagonista deste evento, que contou con actividades culturais e gastronómicas
fornada-tradicional-niñodaguia
13 Apr 2026

Ninodaguia acolleu esta fin de semana a sexta edición da súa Fornada Tradicional, unha cita que combina tradición oleira, gastronomía e actividades culturais ao longo de dúas xornadas. Está considerada festa de interese etnográfico desde o ano 2019 e, desde 2023, enmárcase nos Días Europeos da Artesanía.

A programación comezou xa o venres cun percorrido polo pobo para recoller as pezas que se enfornaron posteriormente o sábado, xornada principal do evento, que arrincou coa tradicional fornada e contou coa participación das Apandadeiras e coa actuación de Irma Macías. A xornada continuou cun xantar popular e, pola tarde, tivo lugar un fiadeiro, un obradoiro de baile tradicional a cargo da Escola Sensodanza, visitas ao museo da olería e, por último, cea e foliada.

0.12042999267578