Noa Presas presenta en Castrelo de Miño o “ticket rural”
Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, participa nun encontro coa veciñanza de Castrelo de Miño e avanza parte do programa de goberno da organización nacionalista no marco das eleccións galegas do vindeiro 18F. Presas salienta a creación dunha axuda para proxectos económicos que se asenten no rural e o impulso para a constitución dunha empresa pública de enerxía –liderada pola Xunta de Galiza- que beneficiaría a todo o País e, sobre todo, a localidades como Castrelo de Miño. Así mesmo, salienta a necesidade dunha presidenta como Ana Pontón “que teña as mans libres para impedir proxectos contrarios aos intereses dos galegos como o de Coto Novelle e demandar a transferenca competencia sobre as bacías hidrográficas”.
Ademais da cabeza de lista, no acto tamén interviñeron o antigo alcalde de Castrelo de Miño e tamén candidato, Xurxo Rodríguez, e Marian Nieves. Todos os participantes sinalaron a “oportunidade histórica” e a fiestra que se pode abrir “o vindeiro 18F se todas as persoas que queren cambio van votar e collen a papeleta do BNG”.
No concreto, avanza Presas, cun goberno galego liderado polo BNG “Castrelo avanzaría ao beneficiarse dun novo modelo enerxético que estará ao servizo do País e das maiorías sociais”, en detrimento das grandes multinacionais e lobbyseconómicos. Neste sentido, a cabeza de lista comprométese a impulsar a participación pública no sector enerxético “a través dunha Empresa pública de enerxía liderada pola Xunta de Galiza e aberta á participación das entidades locais”.
“Unha presidenta coas mans libres como Ana Pontón demandará a transferencia da competencia sobre as bacías hidrográficas e en materia enerxética para impedir proxectos contrarios aos intereses de Galiza como o de Coto Novelle” reafirma.
“Ticket rural” para atraer e fixar poboación no rural
Por outra parte, a cabeza de lista avanza medidas de apoio ás actividades económicas non-agrarias que se asenten nas zonas do rural como método para fixar e atraer poboación. “O Ticket rural establece unha axuda económica de entre 10.000 a 15.000 €/ano a proxectos que se asenten no medio rural, durante os 5 primeiros anos “ conclúe.