Noelia Currás será a nova portavoz municipal do BNG na Merca tras a renuncia de Teresa Garrido

OurenseXa
Garrido anunciou este xoves a súa renuncia como concelleira, cargo que ocupa dende 2015, e cede o paso a Currás, número dous da candidatura nas eleccións municipais de 2023
Noelia-curras-bng-a-merca
Noelia Currás
20 Nov 2025

O BNG da Merca renovase tras a renuncia como concelleira da actual portavoz, Teresa Garrido, que se formalizará no pleno do 26 de novembro. A súa saída dará paso á incorporación de Noelia Currás, número dous da candidatura nas eleccións municipais de 2023, que asumirá tamén a portavocía.

Garrido, concelleira desde 2015 e candidata á alcaldía en 2019 e 2023, afirmou sentirse satisfeita polo labor desenvolvido nestes anos, e agradeceu “a confianza depositada en min durante tanto tempo”. “Foi unha honra defender os intereses da Merca desde o BNG. Desexo o mellor a Noelia, estou convencida de que fará un gran traballo e continuará fortalecendo o proxecto nacionalista no noso concello”, dix tras anunciar a súa baixa.

Currás, nacida en 1985 e con experiencia en responsabilidades orgánicas na comarca de Celanova e Baixa Limia, está previsto que tome posesión no mes de decembro. A futura portavoz avanzou as liñas do seu traballo ao fronte do grupo municipal, cntradas fundamentalmente na veciñanza. “Continuarei o traballo que con tanta dedicación desenvolveu Teresa. Comprométome, desde o primeiro día, a traballar por e para a veciñanza da Merca, agora desde esta responsabilidade na primeira liña política. Aspiro a liderar unha alternativa sólida que mereza a confianza da nosa veciñanza e permita abrir un novo rumbo para o noso concello”.

Pola súa banda, o voceiro doo BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, destacou a traxectoria da organización nun municipio onde “o BNG leva moito tempo traballando, tanto desde as institucións como a pé de rúa. Ese esforzo constante é a mellor garantía para construír unha alternativa política seria e solvente no concello”.

Varela engadiu que a renovación supón un impulso para o proxecto municipal, abrindo “unha nova etapa con enerxías renovadas e coa determinación de acadar a alcaldía da Merca nas vindeiras eleccións”.

⚙ Configurar cookies
0.074779033660889