Nogueira de Ramuín entrega a ADO os fondos recadados na Andaina Solidaria de 2025

O Concello de Nogueira de Ramuín vén de entregar un cheque por valor de 885 euros á Asociación de personas con Discapacidad de Ourense (ADO).
O importe foi recadado grazas á participación dos veciños e veciñas que se anotaron na Andaina Solidaria de 2025, celebrada o pasado 29 de novembro polo municipio, e que contou cun gran éxito de participación.
Tanto dende o Concello como dende a Asociación agradecen a participación de todas aquelas persoas que fixeron posible esta colaboración solidaria.