Nogueira de Ramuín organiza unha excursión a Pazolandia

A actividade terá lugar o 26 de decembro e será gratuíta para os menores de 14 anos
Pazolandia 2024
14 Dec 2025

O Concello de Nogueira de Ramuín mantén aberto ata o 23 de decembro o prazo de inscrición para participar na tradicional excursión a Pazolandia, que se celebrará o próximo 26 de decembro. Este evento, organizado cada ano pola Deputación Provincial de Ourense, ofrece unha xornada de atraccións e diversión destinada aos nenos e nenas dos concellos da provincia.

Para facilitar o acceso, o Concello poñerá a disposición da veciñanza un autobús que trasladará aos asistentes ata o Pazo dos Deportes Paco Paz, en Ourense, e posteriormente realizará o regreso a Luíntra.

A entrada será gratuíta para os nenos e nenas de ata 14 anos que estean empadroados no municipio. Para o resto de asistentes, o custo da entrada será reducido, cun prezo de 4 euros.

⚙ Configurar cookies
0.10283017158508