Nogueira de Ramuín organiza unha nova edición da súa andaina solidaria

O próximo sábado 29 de novembro, ás 10:15 horas, terá lugar unha nova edición da Andaina Solidaria de Nogueira de Ramuín, unha camiñada organizada cada ano no municipio co obxectivo de apoiar a entidades que traballan en favor de persoas en situación de vulnerabilidade ou con discapacidade.
Este ano, a camiñada realizarase en beneficio de ADO (Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense). As inscricións estarán abertas ata o 26 de novembro, cun prezo de 8 euros, e os participantes poderán escoller entre dúas rutas: unha curta de aproximadamente 8 quilómetros e outra longa de arredor de 14 quilómetros, ambas con saída na praza de Luíntra.