Nomadland pecha o ciclo de cine "Mulleres" na Sede Afundación de Ourense
O ciclo de cine "Mulleres", posto en marcha por Afundación, a Obra Social de ABANCA, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, chega á súa fin. Unha proposta conformada por filmes nos que as temáticas, transversais e universais, son tratadas desde o punto de vistas das mulleres e nas que, nesta ocasión, se retratan as vidas de Maixabel Lasa, Fabienne Dangeville e Fern nas producións Maixabel, La verdad e Nomadland.
A derradeira proxección na Sede Afundación de Ourense será este martes 23 de abril, a partir das 19.00 horas, coa película Nomadland (Chloé Zao, 2021). Despois de perdelo todo na recesión, Fern colle a súa camioneta e ponse en marcha para explorar unha nova vida fóra da sociedade convencional, coma unha nómade moderna. Di adeus a súa cidade en Nevada.
Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar produtos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. O acceso a cada unha das sesións de cinema será a cambio da entrega de produtos non perecedoiros, coa suxestión de achegar nesta ocasión conservas, leite, aceite de xirasol ou alimentos infantís.