Nova xornada de protestas do CEIP Irmáns Villar ante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación

OurenseXa
Desde a ANPA consideran inadmisible que os rapaces e rapazas vaian a quedar sen prazas no seu centro de referencia para comezar os estudos de bacharelato e lembran que a situación vén motivada pola falta de previsión da Xunta
anpa-irmans-villar-protestas
Nova xornada de protestas da ANPA do CEIP Irmáns Villar pola falta de prazas no IES Otero Pedrayo
6 Xuño 2024

A Asociación de Nais e Pais do CEIP Irmáns Villar volveu a manifestarse este xoves contra a falta de prazas no IES Otero Pedrayo cunha concentración ás portas  da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidades.

Desde a ANPA consideran inadmisible que os rapaces e rapazas vaian a quedar sen prazas no seu centro de referencia para comezar os estudos de bacharelato e lembran que a situación vén motivada pola falta de previsión da Xunta de Galicia.

Sinalan que as protestas continuarán "porque non estamos conformes nin coa ausencia de planificación previa nin con este silencio en canto a unha solución da administración de educación" e lembran que inda que faltan poucas semanas para o final de curso, seguirán manifestándose "se non ofrecen solucións, polos medios que fagan falta e que mellor se escoiten".

Cabe lembrar que fai xa un mes de que o BNG elvara a queixa no Parlamento de Galicia pedindo unha solución urxente que non deixara sen prazas aos rapaces e as rapazas do centro. Sen embargo, a resposta da Xunta foi que non se comprometían a revisar o mapa escolar nin a dialogar cos tres CEIP adscritos ao Otero Pedrayo, polo que os 13 alumnos que quedaron sen prazas terán que desprazarse máis de 2 quilómetros para chegar a un novo instituto, diferente a o dos seus compañeiros e compañeiras.

 

0.1867048740387