Nuno Ricardo Moreira Gonçalves gaña o X Premio Antón Risco de Novela Curta con ‘Reflorestação’

OurenseXa
O xurado destacou a calidade literaria do texto, cunha temática de corte fantástico e actual que convida á reflexión
xurado-x-premio-novela-anton-risco
Xurado do X Premio Antón Risco de Novela Curta
2 Jun 2025

A sede da Fundación Vicente Risco en Allariz acolleu esta fin de semana o fallo do X Premio de Novela Curta Antón Risco, que este ano recoñece a obra ‘Reflorestação’, do autor Nuno Ricardo Moreira Gonçalves.

O xurado, composto por Purificación Araújo Quinteiro (por delegación), Francisco Javier Fernández Davila, Concepción Fernández Vázquez, Luís González Tosar (por delegación) e Jonathan Pérez Pérez, con Ana Gloria Rodríguez Alonso como secretaria sen voto, decidiu por maioría outorgar o galardón á novela de Gonçalves. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra no selo editorial Doutor Alveiros, segundo recollen as bases do certame.

Na súa valoración, o xurado destacou a calidade literaria do texto, cunha temática de corte fantástico e actual que convida á reflexión. Subliñouse tamén o bo tratamento narrativo, o enfoque da obra e o uso equilibrado do humor.

⚙ Configurar cookies
0.22409009933472