O acceso desde Ourense ao polígono de San Cibrao no paso superior da OU-525 estará pechado ao tráfico ese venres

O corte está motivado polas obras de reparación das xuntas de dilatación que se executarán durante o día de mañá
poligono-san-cibrao-das-viñas-recurso
Polígono de San Cibrao
12 Jun 2025

Os traballos de mantemento do paso superior da estrada autonómica OU-525, no enlace que dá acceso ao polígono de San Cibrao da Viñas, fan necesario durante todo o día de mañá o corte de tráfico da circulación nun dos sentidos de xiro do enlace, o que da entrada desde Ourense cara o polígono, quedando os outros tres movementos operativos.

En concreto, trátase de executar as obras de reparación das xuntas de dilatación do paso superior da OU-525, á altura de Km 229, no enlace que da acceso ao parque empresarial ourensá.

Para avanzar nesta actuación e garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios da estrada habilitarase o correspondente desvío de trafico.

Así, o desvío de trafico que se instalará implica que os vehículos teñan que achegarse á glorieta da OU-525 no quilómetro 227+750 de intersección coa VG-3.1 situada a 1,3 quilómetros para facer o cambio de sentido.

Estes traballos se realizan con medios de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas, no marco dos seus traballos de mantemento das estradas durante todo o ano sobre os elementos funcionais das estradas, como é a revisión e mantemento de xuntas de dilatación das estruturas da rede viaria autonómica.

Neste caso, a actuación puntual que se realiza mañá no paso superior da OU-525, forman parte da campaña estival deste 2025 de mantemento e conservación das xuntas de dilatación de estruturas que se realiza nas estradas autonómicas.

O desvío de tráfico estará sinalizado convenientemente, xúntase unha imaxe xeral e outra de detalle do mesmo.

⚙ Configurar cookies
0.16146397590637