O activista LGTBIQ+ Yoelkis Torres ofrece unha charla en Allariz
OurenseXa
Será esta tarde no Fogar dos Maiores

25 Jun 2025
Este mércores 26 de xuño ás 19:00 horas terá lugar en Allariz unha charla do activista cubano Yoelkis Torres, coñecido polo seu traballo na defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQ+. O acto celebrarase no Salón de Actos do Fogar dos Maiores, no Edificio de Servizos Sociais.
A actividade está organizada por Amnistía Internacional e conta coa colaboración do Concello de Allariz. A entrada é libre ata completar aforo.