O Albergue de Allariz acolle un campamento xuvenil con obradoiros artesáns impulsado pola Xunta

OurenseXa
A rexedora, Cristina Cid, achegouse aos obradoiros artesáns para conversar coa mocidade participante e co profesorado
albergue-allariz
21 Jul 2025

O Albergue de Allariz converteuse no escenario dun campamento xuvenil promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, no que a artesanía ten un protagonismo destacado. A iniciativa conta coa participación de mozos e mozas que, durante a súa estancia, se achegan ao traballo artesanal a través de obradoiros específicos guiados por profesionais do sector.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, visitou o campamento, acompañada por Gabriel Alén e Marta Vázquez, director xeral e directora territorial de Emprego, Comercio e Consumo, así como por Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia. Durante o percorrido, achegáronse aos diferentes obradoiros para coñecer de preto as actividades desenvolvidas e manter un encontro tanto coa mocidade participante como co profesorado encargado das sesións formativas.

 

⚙ Configurar cookies
0.23898482322693