O alcalde de Taboda, Roi Rigueira, participará este sábado no Simposio Vespa Velutina de Chantada

OurenseXa
Diferentes expertos na materia analizarán a situación actual desta especie invasora e as mellores formas para combatela e controlar a súa poboación
Roi-Rigueira-2
7 Nov 2024

O vindeiro sábado día 9 de novembro, no Auditorio de Chantada, terá lugar o 'Simposio Vespa Velutina 2024', organizado pola Asociación Galega de Apicultura.

Diferentes expertos na materia analizarán a situación actual desta especie invasora e as mellores formas para combatela e controlar a súa poboación.

O alcalde do Concello de Taboada, Roi Rigueira, participará nesta cita para explicarlle ás persoas asistentes a importancia de involucrar á veciñanza e ás entidades municipais na loita contra a vespa velutina. "Como sabedes, o noso concello leva xa un tempo sendo pioneiro á hora de aplicar medidas para tratar de combater esta praga no noso territorio, e intentaremos contar o mellor posible a nosa experiencia para que outros se sumen en vindeiros anos", explica o rexedor, que agradece á organización a oportunidade de participar nesta cita.

0.2058470249176