O alumando de pintura de Barbadás expón as súas na Casa de Cultura Manuel María
OurenseXa
Esta mostra colectiva poderá visitarse ata o 30 de xuño

Mostra da Escola de Pintura de Barbadás
21 Jun 2025
A sala de exposicións da Casa de Cultura Manuel María de Barbadás acolle unha mostra das obras artísticas realizadas polo alumnado da actividade de pintura durante o curso 2024/2025. Esta exposición colectiva amosa o talento e a creatividade dos veciños e veciñas do concello, reflectindo todo o aprendido ao longo do curso.
A mostra pode visitarse ata o 30 de xuño, ofrecendo unha oportunidade para desfrutar do traballo e da evolución dos artistas locais.