O alumnado da Escola de Artes e Oficios amosa os ses traballos na biblioteca Nós

OurenseXa
A mostra poderá verse ata o 19 de xuño e leva por título “133”, por ser os anos de vida da escola
expo-escola-artes-e-oficios
21 May 2025

A biblioteca pública Nós acolle unha exposición cunha escolma dos mellores traballos realizados polos alumnos da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense ao longo do presente curso.

Son, en total, máis de 70 traballos que representan as diferentes disciplinas que se imparten na escola e que van de debuxo e pintura a talla en madeira, pasando por oleiría e modelado en barro, onde reciben formación máis de douscentos alumnos.

A exposición, que leva por título xenérico “ 133” por ser os anos de vida da escola, poderá visitarse na biblioteca pública entre o 20 de maio e o 19 de xuño do ano en curso.

Como novidade, na exposición deste ano da escola de artes e oficios inclúe na súa selección varios instrumentos tradicionais elaborados no Obradoiro de instrumentos da propia Deputación de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.20966410636902