O alumnado de Barbadás prepárase para as tradicionais regueifas do Entroido

OurenseXa
Nenos e nenas dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro elaboraron compadres e comadres nos obraoiros organizados polo Concello
obradoiiro-comadres-barbadas
29 Jan 2026

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro están a prepararse para as tradicionais regueifas do Entroido. Para iso, durante estas semanas participaron en obradoiros de compadres e comadres organizados pola Concellería de Educación.

Nestas sesións, impartidas por Sabela Gago, o alumnado aprendeu e practicou a fabricación tradicional dos mecos que utilizarán nas regueifas programadas para os próximos días 5 e 12 de febreiro. Esta actividade forma parte da programación festiva do Entroido na localidade.

⚙ Configurar cookies
0.079468965530396