O alumnado de Integración Social do CEIP Portovello organiza unha actividade para fomentar a empatía e a solidariedade

O CEIP Portovello de Ourense acollerá unha actividade educativa e social promovida polo alumnado do ciclo de Integración Social, que leva por título "Bibliotecas humanas". A iniciativa ten como obxectivo crear un espazo de encontro onde persoas de distintos colectivos poidan compartir as súas vivencias, converténdose en verdadeiros “libros humanos”.
A dinámica consiste en que estas persoas relaten as súas experiencias de vida a quen queira escoitalas, promovendo así valores como a tolerancia, a empatía e a solidariedade dentro da comunidade escolar.
A proposta creará espazos inclusivos nos que se recoñeza a diversidade e se valora o coñecemento que nace da experiencia persoal.
A actividade, que terá lugar o vindeiro 22 de maio, pon en valor a iniciativa do grupo de estudantes e o seu profesorado, que apostan por unha educación centrada na convivencia, a tolerancia, a empatía e a solidarieade.