O alumnado do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso visitou o CHUO para coñecer o seu funcionamento

OurenseXa
O hospital abriu as súas portas aos novos para achegarlles o funcionamento do centro sanitario
nenos-visita-chuo
21 Dec 2025

O Hospital Universitario de Ourense (CHUO) abriu as súas portas esta semana para recibir aos estudantes do Colexio de Educación Infantil e Primaria Amadeo Rodríguez Barroso, dentro das actividades organizadas polo Nadal co obxectivo de achegar aos máis novos o funcionamento do centro sanitario.

Durante a visita, os nenos e nenas puideron descubrir en primeira persoa distintos servizos do hospital, entre eles a cociña, o laboratorio, o servizo de seguridade e a área de investigación. De forma adaptada á súa idade, explicáronlles como se traballa a diario para garantir a atención e o coidado dos pacientes.

Ademais, o percorrido incluiu a contemplación dos cadros do artista Jaime Quesada que están expostos nas instalacións. A viúva do pintor e presidenta da Fundación Quesada, acompañada por Paula Serrano, xerente da mesma fundación, explicaron ao alumnado a importancia da arte en espazos sanitarios e o significado destas obras como un elemento que achega humanidade ao hospital.
Esta actividade forma parte da programación de Nadal do CHUO, que busca abrir o hospital á comunidade, promover valores como a proximidade e a educación en saúde, e ofrecer unha experiencia significativa aos máis pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.08171010017395