O alumnado do CEIP O Ruxidoiro participou nun obradoiro sobre reciclaxe

OurenseXa
Durante a actividade, promovida polo Concello de Barbadás, a mocidade do centro educativo aprendeu sobre separación de residuos
obradoiro-reciclaxe-ceip-o-ruxidoiro-barbadas
2 Mar 2026

O alumnado do CEIP O Ruxidoiro acolleu un obradoiro de reciclaxe promovido polo Concello de Barbadás co obxectivo de fomentar hábitos responsables na separación de residuos e impulsar unha cultura de reutilización e economía circular desde idades temperás.

Durante a actividade, os estudantes participaron en dinámicas prácticas e participativas nas que aprenderon a separar correctamente os residuos, identificar materiais reciclables, evitar erros comúns e comprender o impacto positivo dos pequenos xestos diarios no medio ambiente. Mediante xogos e exemplos próximos á súa realidade, puideron constatar que reciclar é sinxelo e accesible para todos.

Ademais, o pasado venres o Concello de Barbadás realizou unha nova entrega de composteiros no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET), reforzando o seu compromiso coa sustentabilidade e coa creación de hábitos saudables e responsables cara ao medio ambiente.

0.1363570690155