O alumnado do colexio Carmelitas de Ourense recibe os diplomas do programa Pasaporte Solidario

OurenseXa
O Pasaporte Solidario é un programa enmarcado no Plan Proxecta, no que participan 854 estudantes de toda Galicia
O alumnado do colexio Carmelitas de Ourense recibe os diplomas do os diplomas do programa Pasaporte Solidario
19 Xuño 2024

A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses entregou este martes os diplomas do programa Pasaporte Solidario aos 139 alumnos do colexio Carmelitas onde destacou a importancia deste proxecto para “promover os valores da solidariedade, a participación e o voluntariado”, así como para favorecer unha “implicación social activa para que a mocidade poida coñecer a realidade na que se integra”.

Na súa visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu ao alumnado a dedicación posta nas actividades realizadas, que abranguen desde campañas de reciclaxe, recollida de alimentos, accións para achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores ou voluntariado no Camiño de Santiago. “Sodes un exemplo de compromiso e implicación nesta iniciativa solidaria”, felicitou.

O Pasaporte Solidario é un programa enmarcado no Plan Proxecta, no que participan 854 estudantes de toda Galicia e que busca que a cativada tome parte en accións de voluntariado. Partindo do proxecto que presentan os centros, o alumnado plasma as actuacións solidarias realizadas nun Pasaporte Solidario, do cal hai tres tipos. O de nivel 1 para os que participan na iniciativa por primeira vez, o de segundo nivel para aqueles que xa teñan proposto accións solidarias con anterioridade e, por último, o Pasaporte Solidario Camiño de Santiago, enmarcado nas Rutas Xacobeas.

0.19757294654846