O alumnado do obradoiro ‘Camiño de San Rosendo e da Raínha Santa II’ realiza melloras nos concellos da Merca, Verea e Celanova

OurenseXa
Un total de 20 alumnos participan neste obradoiro que conta cun investimento de máis de 410.000 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
obradoiro-emprego-a-merca-verea-celanova
Participantes do obradoiro ‘Camiño de San Rosendo e da Raínha Santa II’
19 May 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello da Merca para, acompañado do seu alcalde, José Manuel Garrido, o alcalde de Verea, José Antonio Pérez, e o alcalde de Celanova, Antonio Puga, supervisar as actividades que se están a desenvolver no obradoiro de emprego ‘Camiño de San Rosendo e da Raínha Santa II’, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste preto de 412.000 euros na formación 20 alumnos - traballadores nos módulos de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas; e actividades auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (10) e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (10).

O delegado territorial salientou a importancia destes obradoiros, que a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo de interese público remunerado, estes homes e mulleres poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación -resaltou o representante do Goberno galego- adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade.

Manuel Pardo destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”.

Actuacións

No concello da Merca os traballos consisten no acondicionamento do roteiro de San Marcos, da Broa e dos lavadoiros en Parderrubias, e a limpeza e mantemento do entorno Campo de Hórreos, do parque infantil no Valdoseixo, da área recreativa de Cantodola, no local social de Proente, e dos accesos á fonte lavadoiro en Campelo e aos núcleos rurais da Merca.

No concello de Verea están a levar a cabo a limpeza e acondicionamento da ruta de sendeirismo de do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa, do Ruxidoiro e do Miradoiro do Briñal; e mantemento de accesos a núcleos rurais de Verea.

No concello de Celanova desenvolven o acondicionamento da fonte lavadoiro do Cañón, de Carballo, de Campo, de Quintairos, e de Xamirá; e o mantemento e limpeza do camiño rural Feal - Sambadese e de Carracedo.

⚙ Configurar cookies
0.10320901870728