O Arquivo Histórico Provincial de Ourense inaugura unha mostra en homenaxe a Castelao

OurenseXa
Na exposición percórrese a traxectoria vital do escritor de Rianxo e as súas diferentes facetas
mostra-castelao-arquivo-ourense
Inauguración da mostra ‘Castelao: 75 cabodano’ en Ourense
11 Jun 2025

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense inaugurou este martes a mostra ‘Castelao: 75 cabodano’, con motivo da celebración do Ano Castelao, declarado institucionalmente polo Goberno galego este 2025, en que se cumpren tres cuartos de século do pasamento do intelectual galeguista. Na exposición percórrese a traxectoria vital do escritor de Rianxo e as súas diferentes facianas como debuxante, caricaturista, dramaturgo, intelectual e político. Deste xeito, exhibiranse na mostra traballos e documentación dos fondos deste arquivo ata o 19 de setembro.

Ademais esta programación irmandando o Día dos Arquivos co Ano Castelao inclúe para o 16 de xuño unha conferencia a cargo do catedrático Afonso Vázquez Monxardín, quen afondará nos vencellos do intelectual galeguista co cidade de Ourense coa Xeración Nós, facendo especial fincapé no coñecido mitin que deu na cidade, que acolleu tamén a súa primeira exposición de caricaturas.

Coa celebración desta efeméride tamén se organizaron visitas guiadas o mesmo día da efeméride, o 9 de xuño, e veranse completadas coas teatralizadas dirixidas a centros escolares, que se organizarán os días 12 e 13 de xuño, ás 10.30 horas. Baixo o título ‘O segredo dos Franciscanos’, a rapazada viaxará no tempo a través dos documentos vencellados con esta orde, que tivo sede xusto nestas instalacións.

⚙ Configurar cookies
0.14412093162537