O artista Antonio Carrera Ramos expón máis de 50 das súas obras na Sala Valente

OurenseXa
Titutlada ‘Vexo Cores’, a mostra poderá visitarse ata o 15 de xuño
cartel-vexo-cores-portada
15 May 2025

O artista Antonio Carrera Ramos inaugurou este mércores na Sala Valente a exposición ‘Vexo Cores’, formada por máis de 50 obras de diferente tamaño (medio e gran formato) e estilos.
A cor protagoniza as obras do artista, aínda que presenta tamén máis de dez plumas en branco e negro, estas en pequeno formato. A mostra reúne paisaxes urbanas, retratos, naturezas mostras, escenas cotiás, e moito máis.

Antonio Carrera Ramos, logo dunha etapa docente no colexio Santa Teresa de Jesús (Carmelitas), comezou coa súa vea artística. Autor dos murais do colexio, plasma nos seus óleos e plumas a súa paixón por Galicia e a súa cultura enchendo de cor cada recuncho e tradición da nosa terra. Destacan as súas paisaxes urbanas dos barrios da nosa cidade e provincia, asi como escenas profundamente nosas: pulpeiras, oleiros, lareiras, etc.
Desde a pandemia, dedica máis tempo a pintar e a compartir, con gran éxito, as súas pinturas en redes sociais como Instagram, onde a súa páxina "elpinceldeantoniocarrera" ten multitude de seguidores.

A exposición Vexo cores estará aberta ao público até o día 15 de xuño na Sala Valente e pódese visitar de martes a sábados, de 11.00 a 13.30 horas e de 18.30 a 21.30 horas e os domingos de 11.00 h a 13.30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.1636209487915