O artista Carlos Padín inaugura en Ourense unha exposición sobre os entroidos galegos e portugueses

OurenseXa
A mostra, formada por 146 obras ao óleo, poderá visitarse ata o 16 de marzo
exposición-entroido-carlos-padin
Imaxe da mostra ‘Personaxes do Entroido Galego e Portugués’ de Carlos Padín
12 Feb 2025

O artista Carlos Padín inaugurou este martes en Ourense a exposición ‘Personaxes do Entroido Galego e Portugués’. A mostra, que reúne un total de 146 obras ao óleo, poderá visitarse no Centro Cultural José Ángel Valente, situado na céntrica rúa do Paseo, ata o próximo 19 de marzo.

A exposición dá inicio ás actividades organizadas polo Concello de Ourense para este Entroido de 2025, que comezará oficialmente na cidade o próximo 27 de febreiro co Xoves de Comadres.

0.16217994689941