O Ateneo de Ourense acollerá unha conferencia en memoria de Valentín Lamas Carvajal

OurenseXa
A Conferencia terá lugar o martes 11 de xuño e estará a cargo do historiador ourensán e membro correspondente da Academia Galega, Afonso Vázquez Monxardín
Diseño sin título
Estatua de Valentín Lamas Carvajal
3 Xuño 2024

O Ateneo de Ourense organiza a vindeira semana  unha conferencia do historiador ourensán e membro correspondente da Academia Galega, Afonso Vázquez Moxardín, co título de "Reivindicación de Valentín Lamas Carvajal".

Nesta conferencia, que será presentada por Ana Malingre, doutora en Historia da Arte e tataraneta do poeta, Monxardín defenderá a necesidade de recuperar a memoria de V. Lamas Carvajal.

A Conferencia terá lugar o martes 11 de xuño na sede provisional do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso 30.

0.19110083580017