O Ateneo de Ourense organiza a conferencia "As mulleres nas Vangardas"
"A historia da arte, escrita tradicionalmente en masculino exclusivo, xerou un relato incompleto onde a arte creada polas mulleres non estaba representado e unha mirada interesada que ignoraba á metade da poboación. Grandes creadoras, cun corpus de obra extraordinario, foron invisibilizadas aínda a pesar de cumprir os mesmos parámetros de éxito que os artistas homes. Desde os anos 70 o feminismo e os estudos de xénero veñen construíndo unha herstory, unha historiografía que completa a metade perdida do relato. A presente conferenci tentará restituír parte dos nomes das extraordinarias creadoras que conmocionaron a arte na época das Vangardas artísticas", apunta Tareixa Taboada, licenciada en Historia da Arte, docente, artista e comisaria e organizadora de exposicións.O acto terá lugar o vindeiro mércores 13-3-2024 ás 19:30 na sede temporal do Ateneo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso 30