O Ateneo de Ourense organiza unha nova conferencia centrada no proxecto de Sargadelos e o Laboratorio de Formas

OurenseXa
Será este venres e estará a cargo de Paula Baliño Rodríguez
conferencia-paula-baliiño-ateneo-ourense
9 Apr 2026

O Ateneo de Ourense organiza unha nova actividade cultural coa celebración dunha conferencia a cargo de Paula Baliño Rodríguez, centrada no proxecto de Sargadelos e no Laboratorio de Formas.

A relatora é graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e bolseira do Ministerio de Educación, desenvolvendo o seu labor no gabinete de Terra e Memoria do CISPAC. No seu traballo de fin de mestrado analizou consellos de guerra abertos contra mulleres en Galicia durante a Guerra Civil.

A conferencia abordará a orixe e evolución do Laboratorio de Formas, unha iniciativa impulsada durante o franquismo por Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo coa intención de contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia. Durante a intervención tamén se repasarán os distintos proxectos promovidos por este movemento, entre os que destaca Sargadelos como a súa proposta máis coñecida.

O acto celebrarase o venres 10 de abril de 2026 ás 19:00 horas na sede provisional do Ateneo de Ourense, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

0.12558507919312