O Ateneo de Ourense retoma a súa actividade en setembro

OurenseXa
O ateneo acollerá o vindeiro mércores, 4 de setembro, unha conferencia do doutor en Historia Medieval, Víctor Rodríguez Muñiz
3C2BB1DB-6BA2-43C7-B05C-D42291CC6C03
Conferencia ‘Os mosteiros femeninos da Galicia medieval’
1 sep 2024

O Ateneo de Ourense retoma a actividade no mes de setembro cunha conferencia de Víctor Rodríguez Muñiz, doutor en Historia Medieval coa tese "O monacato feminino na Galicia medieval (1100-1500)”.

Muñiz presentará no Ateneo de Ourense o seu estudio sobre os cenobios bieitos e cistercienses que acolleron relixiosas en Galicia.

O acto contará coa presenza de Francisco Javier Pérez Rodríguez, profesor de Historia Medieval de UVigo.

A cita terá lugar o vindeiro mércores, 4 de setembro, ás 19:30 horas, na sede provisional do Ateneo, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

0.20708703994751