O auditorio de Coles xa ten programación para o mes de febreiro
OurenseXa
As actividades levaranse a cabo os domingos
30 Jan 2025
O Concello de Coles vén de facer pública a programación de actividades culturais que se levarán a cabo durante o mes de febreiro no Auditorio Municipal.
O programa arrancará o vindeiro domingo, 9 de febreiro, cun concerto de acordeóns da man de Trío Raíz, formado por Noelia González López, Álvaro Pérez Marqués e Celia Adrián Rodríguez. Será ás 18.30 horas.
A seguinte cita será o domingo 16 de febreiro ás 18.30 horas da man de Adrián Torrés, que dará un concerto para presentar o seu disco “Elarte en la calle”.
Por último, o domingo 23 de febreiro, ás 18.30 horas, haberá un encontro clásico de Lírica e Zarzuela da man da soprano Ilduara Pérez Gutián e o pianista Alejandro Firvida Méndez.