O Auditorio de Ourense acolleu o XXVIII Congreso Nacional da Federación Española de Bancos de Alimentos

OurenseXa
Durante o acto, a Xunta puxo en valor o labor medioambiental que realizan os bancos de alimentos, especialmente na loita contra o desperdicio alimentario
fesbal-reunion-ourense
XXVIII Congreso Nacional da Federación Española de Bancos de Alimentos
29 May 2025

Ourense acolleu esta mañá o XXVIII Congreso Nacional da Federación Española de Bancos de Alimentos, un acto que contou coa participación da súa maxestade, a raíña dona Sofía, do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e do Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices ou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen puxo en valor o papel que xogan os bancos de alimentos como “motor de solidariedade e compromiso” ao tempo que impulsan a conciencia social e medioambiental.

Na súa intervención, a conselleira felicitou aos bancos alimentos polo “papel fundamental que xogan” na loita contra as desigualdades e no fortalecemento do tecido social. Sobre a situación de Galicia, lembrou que, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional.

No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%.

Fabiola García insistiu en que estes datos “son positivos, pero non suficientes” e, para seguir avanzando, comprometeu o apoio da Xunta para continuar colaborando con bancos de alimentos, entidades sociais e organizacións do terceiro sector.

Neste sentido, destacou que o Goberno galego destina anualmente máis de 131 M€ para políticas de inclusión. Ademais, subliñou a aposta de Galicia por reforzar especialmente as medidas no eido da infancia. Traballando, deste xeito, por “unha Galicia máis xusta, cohesionada e solidaria, na que ninguén quede atrás”.

A conselleira de Política Social e Igualdade tamén gabou o labor medioambiental que realizan os bancos de alimentos, especialmente na loita contra o desperdicio alimentario, beneficiando tanto á sociedade como ao medio ambiente. Nesta liña, subliñou o triplo impacto ambiental, económico e social dos bancos de alimentos e o seu traballo “a prol da conciencia social e ambiental, con accións que inspiran e educan”.

⚙ Configurar cookies
0.068036794662476