O autobús de ADOS de doazón de órganos e sangue estará en Pereiro de Aguiar este luns
OurenseXa
Situarase diante do Centro de Saúde en horario de tarde

1 Feb 2026
O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará no Concello do Pereiro o luns 2 de febreiro, diante do novo Centro de Saúde, en horario de 18:30 a 21:00 horas.
Dende ADOS fan un chamamento á veciñanza do Pereiro para que acuda a doar sangue, lembrando que cada día os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns para garantir o seu funcionamento, polo que a colaboración cidadá é esencial para asegurar a dispoñibilidade deste recurso.