O autobús do teatro do CDG levará a veciñanza da Bola a Santiago de Compostela para asistir á obra ‘Hamlet’

OurenseXa
A actividade está dirixida a maiores de 12 anos e terá lugar o vindeiro 11 de abril
Hamlet
18 Feb 2026

O sábado 11 de abril, o autobús do teatro do Centro Dramático galego pasará pola Bola para levar á veciñanza a a Santiago de Compostela para asistir á representación de ‘Hamlet’.

A actividade está destinada a maiores de 12 anos, incluíndo adultos, e contará con autobús gratuíto desde o municipio. A entrada tamén será gratuíta para as persoas empadroadas. Para asistir hai que inscribirse previamente nos teléfonos 988 45 12 93 e 604 03 79 52.

A obra, dirixida por Tito Asorey e cun elenco de 16 actores e actrices, constitúe unha versión en galego do clásico de Shakespeare, coas adaptacións de Asorey e Vanesa Sotelo. Trátase dunha produción de gran formato, estreada o 19 de marzo no Salón Teatro de Santiago, que forma parte da liña programática do Centro Dramático Galego de incorporar ao galego grandes títulos da dramaturxia universal.

No elenco destacan o actor vigués Alejandro Jato como Hamlet, acompañado de Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad e Sergio Zearreta, elixidos tras un proceso de audicións ao que concorreron máis de 300 profesionais.

O equipo artístico complétase con Carlos Alonso na escenografía, Laura Iturralde na iluminación, Saturna no vestiario, Xavier Bértolo no son, Lorena Calvo na maquillaxe, Rut Balbís no movemento escénico, Xosé Piñeiro na loita escénica, Melania Cruz na asistencia de texto, Rosa Moledo no asesoramento lingüístico e Sara Rey como axudante de dirección.

⚙ Configurar cookies
0.08669114112854