O Banco de Alimentos de Ourense recibe 20.000 quilogramos de froitas e hortalizas
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladouse esta mañá ao Banco de Alimentos para participar no reparto de froitas e hortalizas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
O delegado territorial explicou que nesta quenda distribuiranse 10.000 qg de albaricoque e outros 10.000 qg de paraguaios, platerina e pexego plano destinado ao Banco de Alimentos procedentes das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH); en concreto da empresa murciana Froitas Esther.
Manuel Pardo relatou que a retirada de froitas e hortalizas é unha medida de intervención de mercados para reducir a oferta e manter os prezos das froita e hortalizas. Esta iniciativa lévase a cabo a través das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH) e destínanse a organizacións que favorecen a inclusión social, que á súa vez son as encargadas de distribuílas entre as súas entidades asociadas.
En Ourense hai dúas organizacións coas que se colabora, o Banco de Alimentos de Ourense e a Fundación San Rosendo. O Banco de alimentos ten 52 entidades benéficas entre parroquias e asociacións. A Fundación San Rosendo dispón de 46 entidades asociadas, que conforman os seus distintos centros e as súas entidades relixiosas.